jueves, 30 de mayo de 2013


Queredes ver unha "peli" moi divertida sobre a enerxía e as máquinas?
Pois imos ao cine! : http://www.aprenderhaciendo.edu.pe/biblioteca/?id=262

Xa que estamos... podemos ver outra sobre as pancas:
                          http://www.aprenderhaciendo.edu.pe/biblioteca/?id=51

Cal das dúas vos gustou máis?

miércoles, 22 de mayo de 2013

Día da Familia

O día 15 deste mes de maio festexamos o día da familia. Debuxamos a nosa familia e escribímoslle entre todos unha carta de agradecemento. Tamén rematamos os dous agasallos que viñemos facendo como recordo deste día (un pequeno imán para a neveira) e o regalo que preparamos en plástica.
Deixámosvos algunhas fotos do noso traballo no apartado Actividades de Aula (ao marxe dereita do noso blog).
!Moitas grazas, familia!
Os Cuquillos.

Letras Galegas


                                             Día das Letras Galegas

   O xoves 16 de maio festexamos no colexio o Día das Letras galegas, adicado este ano a figura de Roberto Vidal Bolaño.


   Os nenos de infantil invitáronnos a ver un vídeo na súa aula do "por que" do Día das Letras Galegas.



   Logo do recreo, xuntámonos todos os cursos no ximnasio e estivemos a escoitar algunhas pinceladas da vida de Roberto Vidal Bolaño, tamén léronse poemas que compuxeron algúns dos nosos compañeiros doutros cursos.

    Aproveitando que estabamos todos xuntos se fixo a entrega dos premios do "Concurso de Relatos", que se organizó  para conmemorar o día do libro. Os autores dos relatos gañadores leron o súa creación e recibiron un premio .

   No noso ciclo gañaron André no curso de segundo e Marcos no de primeiro e déronlles uns bonitos marcapáxinas. Todos tivemos un pequeno agasallo por participar e , ademáis, por que foi moi dificil escoller o mellor relato, xa que todos nos  gustaron.

martes, 21 de mayo de 2013

Video da visita do CEE Juan María de Nigrán


jueves, 16 de mayo de 2013



Día das Letras Galegas a:              

                                         Roberto Vidal Bolaño
 
Traxectoria
Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Bos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens.

Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958.
Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo).
Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.
En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.
Vidal Bolaño.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Novo espazo no blog

Ola Cuquillos!!
Puxen un novo espacio no Blog chamado "Actividades de Aula", nel poderedes ir vendo todas as cousiñas que facemos na aula. Espero que sexa do voso agrado.