Día das Letras Galegas a:
Roberto Vidal Bolaño
Traxectoria
Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte
Santasmarinas, actriz galega nada en Bos Aires,
o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras
de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980),
onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens.
Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba,
viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral
galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro
institucional, levando ao taboado co Centro Dramático
Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras.
No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía
que Ramón Otero Pedrayo
escribiu en 1958.
Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia
e a Televisión Española,
con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos
varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do
século XX, como Ánxel Fole (Cara de
Lúa) e Eduardo Blanco Amor
(O Noxo).
Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das
bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.
En 1991 creou a compañía Teatro
do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito
absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para
unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso
máis grandiosas.
Vidal Bolaño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario