Día das Letras Galegas
O xoves 16 de maio festexamos no colexio o Día das Letras galegas, adicado este ano a figura de Roberto Vidal Bolaño.
Os nenos de infantil invitáronnos a ver un vídeo na súa aula do "por que" do Día das Letras Galegas.
Logo do recreo, xuntámonos todos os cursos no ximnasio e estivemos a
escoitar algunhas pinceladas da vida de Roberto Vidal Bolaño, tamén
léronse poemas que compuxeron algúns dos nosos compañeiros doutros
cursos.
Aproveitando que estabamos todos xuntos se fixo a entrega dos premios
do "Concurso de Relatos", que se organizó para conmemorar o día do libro.
Os autores dos relatos gañadores leron o súa creación e recibiron un
premio .
No noso ciclo gañaron André no curso de segundo e Marcos no de primeiro e
déronlles uns bonitos marcapáxinas. Todos tivemos un pequeno agasallo
por participar e , ademáis, por que foi moi dificil escoller o mellor
relato, xa que todos nos gustaron.
Esperamos que vos gustase a presentación e vos servira para recordar e aprender cousas novas.Estades convidados sempre que queirades a visitarnos.
ResponderEliminarSaúdos Tati.
EliminarGustounos moitísimo esta actividade. Visitarémosvos moi pronto.
Un saúdo.